top of page

1. Obxecto

​

Este Aviso Legal regula o uso dos sitios web  "Sentindo en Feminino", aos que se accede mediante a dirección sentindoenfeminino.wixsite.com/sentindoenfeminino (en adiante, website) e sentindoenfeminino.wordpress.com (en adiante, blog). A navegación polo website ou a súa utilización en calquera forma, atribúe a condición de usuario/a, e leva consigo a aceptación plena e sen reservas do presente Aviso Legal.

Sentindo en Feminino, a través do seu website e do seu blog, facilita ás/aos usuarias/os o acceso a determinados contidos postos a disposición por Sentindo en Feminino ou por terceiros provedores de servizos e contidos. A/o usuaria/o acepta voluntariamente que o uso deste lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

Sentindo en Feminino resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación, configuración ou contido do website, do blog e do presente Aviso Legal. Estas modificacións consideraranse validamente notificadas dende a súa publicación na web.

​

2. Obrigas da/o usuaria/o

​

As/os usuarias/os do website e do blog están na obriga de usar os contidos de forma dilixente, correcta, lícita e de conformidade á lei e ao presente Aviso Legal. En particular, comprométense a non utilizar os contidos cunha finalidade contraria á lei, moral ou orde pública; a non reproducir ou copiar, non distribuír, non permitir o acceso público, non transformar e non modificar ningún tipo de contido. Só poderán facelo se contan coa autorización expresa e en calquera soporte, xa sexa físico ou lóxico, das súas creadoras ou con autorización expresa, no seu caso, da/o súa/seu lexítima/o titular dos dereitos sobre os contidos antes mencionados, e asumirán as responsabilidades que lles correspondan polas condutas ou actividades que de calquera xeito poden resultar ilícitas ou lesivas para os dereitos de terceiros ou que poidan prexudicar, impedir ou limitar a utilización deste website e do blog por outras/os usuarias/os.

As/os usuarias/os responderán dos danos e prexuízos de calquera clase que as creadoras poidan sufrir, directa ou indirectamente, como consecuencia do incumprimento da normativa vixente e/ou de calquera das obrigas derivadas do uso deste website e do blog.

​

3. Propiedade Industrial e Intelectual de colaboradores/as

​

A titularidade dos dereitos de autoría sobre artigos, teses, traballos ou outras formas de colaboración, corresponde ás persoas autoras dos mesmos. A súa divulgación neste sitio web e no blog, efectuarase sen ánimo de lucro e nas condicións citadas no presente Aviso Legal.

​

4. Links

​

A función dos links, os enlaces que aparecen neste website e no blog, é conducir á/ao usuaria/o a páxinas web independentes de sentindoenfeminino. A súa única finalidade é a de facilitar e animar ao acceso a outras fontes de información en Internet relacionadas coa mesma. Esta vinculación efectúase sen ánimo de lucro.

Non nos facemos responsables dos contidos aos que se acceda en virtude dos mencionados enlaces, nin das modificacións que se leven a cabo nos mesmos, nin do uso que de aqueles se realice, nin da súa dispoñibilidade técnica, nin se garante a ausencia de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou nos ficheiros de usuaria/o, eximindo as autoras de calquera responsabilidade por danos causados á/ao usuaria/o por este motivo.

Non obstante, comprometémonos a facer o posible para evitar a existencia de enlaces a sitios de contido ilegal, que promovan actividades ilícitas, sexistas, racistas ou xenófobas ou que, en xeral, atenten contra os principios de liberdade e dignidade humana ou vulneren os valores e dereitos recoñecidos pola Constitución Española e pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En caso de que se teña coñecemento efectivo de que a información á que remite algún enlace é ilícita, póñase en contacto con nós (sentindoenfeminino@gmail.com) para eliminar ou inutilizar dito enlace.

​

5. Cookies

​

Este sitio web e o blog poden utilizar cookies. As cookies son pequenos arquivos de informacións que se xeran a través das instrucións que os servidores Web envían aos programas navegadores, e que se gardan nun directorio específico do ordenador da/o usuaria/o.

A utilización das mesmas farase co fin de personalizar as súas páxinas no sitio web e nunca para almacenar datos de carácter persoal. Pode configurar o seu navegador para que as rexeite ou lle notifique cando un sitio web intenta poñerlle unha cookie no software do seu navegador. Se rexeita as cookies, isto pode afectar á capacidade para utilizar as buscas do noso sitio web e no blog.

​

6. Exención de responsabilidade

​

Aínda que trataremos de ofrecer ás/aos usuarias/os a máis completa, útil e actualizada información posible, non garantimos a veracidade, exactitude, actualización e operatividade dos contidos e servizos e, por tanto, eludimos expresamente todo tipo de responsabilidade polos posibles danos ou prexuízos de calquera índole que as/os súas/seus usuarias/os poidan sufrir pola utilización de datos incompletos, inexactos ou desactualizados, ou pola posible suspensión, cancelación ou inoperatividade dos seus contidos ou servizos.

As/os usuarias/os deben ser conscientes de que, en todo caso, a utilización dos contidos e servizos deste website faise baixo o seu propio risco e baixo a súa única e exclusiva responsabilidade, operatividade e dispoñibilidade dos citados contidos ou servizos.

En calquera caso, agradecemos anticipadamente toda clase de suxestións, rectificacións ou comentarios que contribúan a evitar ou subsanar calquera tipo de incidencia ou irregularidade do xeito máis rápido e eficiente posible. Tales comunicacións pódense enviar por e-mail a sentindoenfeminino@gmail.com 

 

7. Modificación e terminación de servizos

​

Se ben, en principio, a duración deste sitio web e do blog é indeterminada, reservámonos o dereito a modificar, suspender ou dar por terminada a prestación de servizos ou contidos, en todo ou en parte, en calquera momento, e sen necesidade de preaviso ás/aos usuaria/os. Así mesmo, poderemos modificar en calquera momento as condicións de uso.

 

8. Duración do Aviso Legal

​

A duración do presente Aviso Legal é indefinida. Non obstante, poderase modificar o seu contido en calquera momento, coa finalidade de adecualo a futuros cambios lexislativos ou tecnolóxicos. Estas modificacións consideraranse como eficazmente notificadas dende a súa publicación, sendo válidas dende ese momento.

 

9. Lei e xurisdición aplicable

​

O presente Aviso Legal rexirase e interpretarase de acordo ás Leis do Reino de España.

Calquera controversia en relación con este sitio web, co blog ou con respecto a calquera materia do presente Aviso Legal, sustanciarase ante a xurisdición española.

O modo máis sinxelo e eficaz para solicitar calquera aclaración, ou para formular calquera tipo de queixa, suxestión ou comentario, é o envío dun e-mail a sentindoenfeminino@gmail.com

​

10. Licenza de Autoría

​

A licenza do website e do blog é           

​

by-nc-sa.png
  • Facebook icono social
  • Instagram
  • Pinterest Social Icon
bottom of page