top of page

MÁIS SOBRE NÓS

Rosa Suárez Veiga

Mestra de Educación Infantil 

e Psicopedagoga

Nai e mestra que se asombra e desfruta co seu traballo.

Muller que pretende ser guía e estímulo das aprendizaxes do seu alumnado.

Con experiencia na formación de educadoras/es e compartindo dende hai máis de vinte anos o día a día con nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Fátima Rodríguez Eiroa

Mestra de Educación Infantil 

e Pedagoga

Mestra, nai, aprendiz eterna, organizadora compulsiva e ante todo, muller en proceso de construción.

Amante da fotografía, furgoneteira e apaixoada das viaxes.

Con case unha década de vivencias en centros rurais e dous anos como mestra visitante en Estados Unidos.

  • Facebook icono social
  • Instagram
  • Pinterest Social Icon

Tras algúns anos como docentes en diferentes escolas, no curso 2016-17 coincidimos no CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela) e por casualidades destas que ocorren de cando en vez, tivemos a oportunidade de traballar no mesmo nivel educativo.

Os cambios nunca son sinxelos, sobretodo cando van asociados a centros urbanos con aulas masificadas, pero por sorte a nosa visión da educación seguía liñas paralelas. Así­, pasiño a pasiño, fomos dando forma a isto ao que agora chamamos "sentindo en feminino".

bottom of page